CRTVG

Buscar

Resignación entre os hostaleiros de Baiona e Sanxenxo

Publicado o 24/03/2021 14:58

A Semana Santa presentábase como unha oportunidade para a esperanza no sector turístico, pero coas novas restricións de horarios e de ocupación na hostalería, os ánimos volveron baixar.

En Baiona a incidencia acumulada pasou de 0 a 148 casos nunha semana, mentres en Sanxenxo o retroceso débese a que se triplicou nunha semana.

Moitos hostaleiros xa fixeron o aprovisionamento de mercadoría e mesmo reforzaron empregados. Unha vez máis, terán que mudar os plans, igual que os cidadáns. Algúns din que non lles importa perder a Semana Santa se a cambio aseguran o verán para poder traballar con certa normalidade.

O Sergas xa convocou un cribado con case 1.200 persoas dos ámbitos educativos e de alimentación no municipio de Sanxenxo coa fin de frear a expansión do virus.

Noticias web

24/03/2021