CRTVG

Buscar

Reservas de última hora disparan ao 70% a ocupación na Ribeira Sacra

Publicado o 29/03/2021 14:38

A Ribeira Sacra vai camiño de converterse nun dos epicentros turísticos desta Semana Santa. En canto se confirmou o peche perimetral, os galegos comezaron a buscar reservas de última hora pola nosa terra, e gañou pulo o turismo de interior e de natureza.

Coa pandemia, moitos buscan actividades ao aire libre e foxen da liña de costa tan desexada nestas datas primaverais. Estes requisitos cúmpreos esta comarca vinícola coas rutas de mosteiros e de natureza polos canóns do Sil. No sector salientan as ganas que ten a xente de saír da casa.

Na costa confiaban no bo tempo para seguir coa alta afluencia de visitantes das semana pasadas. A chuvia ameaza os plans, pero agardan que se poida remontar na fin de semana. Entre o clima e as restricións, aos hostaleiros só lles queda traballar sobre a marcha.

Moitos negocios reabren nesta Semana Santa logo de meses pechados. A chegada de turistas galegos está a compensar as cancelacións de clientes foráneos e seguen coas esperanzas postas na temporada de verán.
 

Noticias web

29/03/2021