Italia reserva vacinas para os nenos dende os 12 anos
Publicado o 03/06/2021 14:56
En Italia teñen a vista posta no vindeiro curso escolar e permiten xa reservar a vacina para nenos dende os 12 anos e sen límite de idade. Pretenden darlle así un pulo á campaña de vacinación e prepararse para o curso escolar 2021-2022.
Polo momento só son catro as rexións que comenzarán a facelo de maneira inmediata. Outras rexións italianas van agardar e concentrarse nos maiores de 18 anos. As que xa reservan vacinas para menores son Lombardía, Véneto, Campania e Calabria.