Rescatan un polisón que ía agochado nun cargueiro e saltou preto das Cíes
Publicado o 13/05/2019 20:54

Un operativo da Garda Civil colaborou no rescate dun polisón que viaxaba agochado nun cargueiro de vehículos procedente de Tánxer.
O mozo, de entre 20 e 30 anos e orixe magrebí, lanzouse ao mar cando o buque fondeou preto das Illas Cíes. Rescatouno a propia tripulación do buque ata que se fixo cargo del unha patrulleira da Garda Civil. A continuación evacuárono ao hospital Álvaro Cunqueiro.
É a segunda vez que un polisón consegue coarse nesta ruta.