CRTVG

Buscar

Rescatan un pescador que caeu ao mar dende unhas rochas na praia de Arnela, en Fisterra

Publicado o 25/10/2021 21:09
Rescatan un pescador que caeu ao mar dende unhas rochas na praia de Arnela, en Fisterra

Salvamento Marítimo rescatou un home que caeu á auga esta tarde cando estaba a pescar nunhas rochas na praia de Arnela, en Fisterra. Unha chamada ao 112 alertou de que estaba aboiado cun golpe na cabeza. Foi trasladado en helicóptero ata o Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. Nas tarefas de rescate tamén participaron a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e varios pesqueiros que navegaban pola zona.

 

Noticias web

25/10/2021