CRTVG

Buscar

Rescatan un neno atrapado no pozo dunha obra en Murcia cun metro e medio de profundidade

Publicado o 20/02/2019 19:07

Tremendo susto levaron nunha vila de Murcia. Os bombeiros tiveron que rescatar un neno de sete anos que quedou atrapado no pozo dunha obra. O cativo meteu a perna nun tubo de 45 cm de diámetro e metro e medio de profundidade. Estaba consciente, pero non podía sacar a perna. Unha vez rescatado polos bombeiros, trasladárono a un hospital, pero só tiña feridas sen importancia.














 

Noticias web

20/02/2019