Rescatan un mozo que se lanzou ao Miño dende unha ponte en Ourense
Publicado o 25/06/2019 18:02
Sucedeu arredor das dúas da tarde en Ourense. Un mozo botouse ao río Miño desde a Ponte Nova a pesar dos intentos dos axentes da Policía Nacional para que non o fixese. Con todo, o mozo conseguiu nadar ata a beira e alí os policías axudárono a saír. Despois, os servizos de emerxencia trasldárono ata o hospital.
Segundo parece, a nai xa alertara das intencións do seu fillo. Descoñécense os motivos polos que o mozo saltou da ponte.