Rescatan un home que se precipitara por un acantilado en Nigrán
Publicado o 03/01/2021 19:55
Moi complicado foi o rescate dun home que se precipitou por un acantilado en Nigrán no lugar de Monte Lourido.
El mesmo avisou os equipos de emerxencia, pero a súa evacuación obrigou a mobilizar o helicóptero Pesca 1 do servizo de gardacostas, xa que o ferido non se podía trasladar doutro xeito debido ás dificultades para acceder ao lugar.
O home tivo que ser estabilizado, pois sufría de hipotermia e presentaba múltiples contusións. Un bombeiro quedou ferido no rescate e tamén tivo que ser trasladado ao Álvaro Cunqueiro de Vigo.