CRTVG

Buscar

Rescatan un home que faleceu ao caer dunha lancha no Vicedo, na provincia de Lugo

Publicado o 11/04/2021 19:24

A xornada foi tráxica na Mariña Luguesa. Un home morreu despois de caer da súa lancha na praia de Abrela, no concello do Vicedo.

Os servizos de Emerxencias mobilizaron o helicóptero Pesca II, que o trasladou ata o hospital de Burela. Cando chegou a este centro sanitario na aeronave do Servizo de Gardacostas de Galicia, os servizos médicos non puideron facer máis que certificar o seu falecemento. O morto é un veciño da parroquia viveirense de Covas, de 60 anos, que saira a pescar como adoitaba facer na costa do Vicedo.

Este accidente marítimo mortal tivo como escenario un lugar próximo ao do naufraxio, que hai menos de dúas semanas lle custou a vida a un veciño de Lugo, na Insúa, no concello de Viveiro. Pai e fillo navegaban nesta zona o 30 marzo.