CRTVG

Buscar

Rescatan un can do incendio declarado nunha vivenda no Corgo

Publicado o 25/03/2020 16:43

No concello Lugués do Corgo rexistrouse esta mañá un incendio no que non hai que lamentar danos persoais.
O lume orixinouse na cociña desta vivenda de dúas plantas, que orixinou unha gran fumareda. O matrimoio ocupante da casa abandonou o inmoble e non sufriron danos; non así o seu can, que quedou atrapado no interior.
Ata o lugar desprazáronse bombeiros do parque de Sarria, que sufocaron o lume e rescataron o animal, moi afectado por inhalación de fume.
 

Noticias web

25/03/2020