CRTVG

Buscar

Rescatan un camión de pensos atrapado en Parga tras unha saída de vía

Publicado o 04/03/2021 13:33

A viaxe do transportista, que traía 26 toneladas de penso dende Arteixo para unha granxa de Parga, converteuse nun pesadelo cando onte pola tarde o firme esvaradío o deixou atrapado na cuneta.

Jesús Ángel Fonte, Protección Civil de Guitiriz: "Con toda a auga que caeu a terra está moi branda e a pouco que se arrimen vaise o vehículo. Ten o eixe de diante asentado e é imposible sacalo sen que o levante unha pa."

Houbo que interromper o tráfico nesta estreita pista rural.

Jesús Ángel Fonte, Protección Civil de Guitiriz: "Aquí toñamos o problema de que pasa o transporte escolar, pero demos aviso e hai outras moitas pistas por onde dar un rodeo".

Protección Civil de Guitiriz e o propio camioneiro traballaron durante horas intentando sacar o camión da lama, pero non houbo forma. Aínda menos cando caeu a noite.

O único que se puido facer foi trasvasar as toneladas de penso para alixeirar o peso do camión.

Xa coa luz do dia, esta mañá retomarónse os traballos con maquinaria pesada. Coa axuda dunha pá para levantar a parte dianteira e un tractor para tirar do camión, xa moito mais livián sen o penso, finalmente o vehículo puido poñerse de novo en circulación.

Noticias web

04/03/2021