CRTVG

Buscar

Rescatan o cadáver dun home que caeu ao mar mentres pescaba en Sanxenxo

Publicado o 27/04/2021 18:02

• A vítima ten 55 anos e o suceso tivo lugar na praia da Lapa esta tarde

A Garda Civil rescatou o corpo sen vida dun home de 55 anos que, segundo os primeiros indicios, atopábase pescando nunha zona de pedras do municipio de Sanxenxo.

Dúas veciñas que paseaban pola zona viron un home pescando nas pedras e, pouco despois, escoitaron un berro.  As mulleres alertaron á Garda Civil e unha patrulleira que navegaba pola zona acudíu ao lugar. Un axente lanzouse á agua para rescatalo pero o home xa perdera a vida. Era un veciño de 55 anos natural da parroquia de Noalla, moi preto da praia.

Desprazados ao lugar, unha zona de pedras situada entre A Lapa e Espiñeira onde avistaron unha peza amarela na auga, un dos axentes lanzouse ao mar e recuperou o cadáver do home.

A vítima tiña 55 anos e era veciño de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo.


A autopsia confirmará a causa da morte, pero a primeira hipótese apunta a que o home puido ter esvarado nas pedras.