CRTVG

Buscar

Rescatan o cadáver dun ancián aboiando no río Miño preto da ponte Vella de Ourense

Publicado o 24/01/2019 14:11

Os servizos de urxencia de Ourense rescataron esta mañá un cadáver que foi atopado aboiando no río Miño. Trátase dun veciño da cidade, un home de 78 anos, que desaparecera da súa casa, segundo denunciaron os familiares, arredor das cinco desta mañá. Iniciado o operativo de busca, os servizos de rescate atoparon o cadáver ao abrir o día, entre a ponte Vella e a ponte do Milenio. Vestía pixama e un abrigo. A Policía investiga as circunstancias en que se produciu o falecemento.
 

Noticias web

24/01/2019