CRTVG

Buscar

Rescatan na Cañiza un can atrapado nunha tubaxe

Publicado o 14/10/2019 14:44

Foron máis de catro horas de rescate por parte dos bombeiros de Ponteareas para sacar o can dunha tubaxe duns 30 centímetros de diámetro. O animal entrou pero non foi quen de saír. Só os seus ladridos de auxilio alertaron os veciños desta zona.

Esa tubaxe remataba aquí e pasaba polo medio dunha parcela privada. Para rescatalo, primeiro tiveron que localizalo coa axuda dunha cámara e posteriormente cavar arredor dun metro de profundidade para poder sacalo da tubaxe de cemento.

O animal saíu con vida. De feito, un operario do Concello quedou ao seu cargo para localizar os seus donos ou para buscarlle un fogar. Pero o protagonista desta historia finalmente faleceu.

Unha historia sen final feliz pero con reivindicación veciñal. Para evitar máis sustos, piden que todas estas tubaxes teñan o seu propio enreixado para impedir o acceso de calquera animal.

Noticias web

14/10/2019