CRTVG

Buscar

Rescatan e deteñen en Carabanchel un home que se ía tirar pola ventá tras agredir a súa parella

Publicado o 06/05/2021 08:28
Rescatan e deteñen en Carabanchel un home que se ía tirar pola ventá tras agredir a súa parella

A Policía Nacional detivo en Carabanchel un home por agredir a súa parella. Os axentes chegaron ao lugar alertados polos veciños de que se estaba producindo un episodio de violencia machista.

Tiveron que rescatar o agora detido, xa que tentou tirarse pola fiestra da vivenda. Xa estaba colgado do exterior. Despois de varios minutos, lograron frustrar as súas intencións e volveron metelo dentro da vivenda.