CRTVG

Buscar

Rescatan dunha piscina en Madrid unha vaca que pasou dous días a remollo

Publicado o 24/07/2019 20:27

Uns veciños da localidade de Camorritos, en Madrid, tiveron que rescatar unha vaca que caeu nunha piscina particular. Non se sabe moi ben como acabou a vaca alí, pero seguro que foi porque tiña calor. A vaca pasou dous días a remollo despois de saltar o valado da casa buscando auga para beber. Foi a Policía Local a que avisou os donos da vivenda. Houbo que chamar un guindastre para sacar o animal.
 

Noticias web

24/07/2019