Rescatan cinco mariñeiros nunha balsa salvavidas preto das costas de Fisterra
Esta mañá Salvamento Marítimo era alertado polo pesqueiro Noeta Primero de que a embarcación Porto Freixo Dous estaba afundíndose preto do cabo Fisterra por unha vía de auga mentres pescaba.
Pesquero Porto Freixo Dos, con vía de agua, se hunde a unas 6,5 millas al W de Cabo La Nave. Sus 5 tripulantes en una balsa salvavidas recogidos en buen estado por el pesquero Sempre Airiños. Trasladados a Finisterre, puerto base del pesquero hundido. pic.twitter.com/AT3NHcITZU
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) November 10, 2020
Os cinco tripulantes abandonaron o barco rapidamente a bordo da súa balsa salvavidas e foron recollidos pola embarcación Siempre Airiños que os trasladou a terra a todos en bo estado pero moi afectados polo vivido.
En pouco tempo a embarcación pesqueira quedou afundida por completo.
Agora Salvamento está na zona para comprobar que non quedan restos que a contaminen ou obstaculicen a navegación.