CRTVG

Buscar

Rescatan un mariñeiro na illa Vionta tras envocar a planadora en que pescaba

Publicado o 31/03/2021 15:05

Preto das 9 da mañá Salvamento Marítimo recibía o aviso de que un home se atopaba na illa Vionta despois de que a súa embarcación chocara contra unhas pedras. Non sufriu feridas graves, pero foi trasladado ao hospital da Barbanza. 

Unha vez que o mariñeiro estaba a salvo, a tripulación do Aldara 1 e algúns compañeiros da confraría de Aguiño colaboraron para reflotar a planadora. Por sorte, todo quedou nun susto e recibiu a alta médica no mesmo día. 

Noticias web

31/03/2021