Rescatan os dous ocupantes dun coche atrapado pola riada en Valencia
Publicado o 27/11/2020 21:08
En contraste co bo tempo do que estamos a gozar en Galicia, miren as intensas chuvias que están a caer en Valenciae que están a provocar numerosas incidencias. Como o caso deste vehículo que quedou atrapado pola riada con dúas persoas no seu interior. Tivo que ser precisa a intervención da Garda Civil que realizou unha cadea humana para rescatar, sans e salvos, os seus ocupantes.