Rescatados sen danos tres tripulantes dun veleiro na illa de Arousa
Publicado o 28/12/2019 10:08
Tres tripulantes dun veleiro con base no porto de Vigo foron rescatados onte á noite ao encallar a súa embarcación preto do peirao do Aguiúncho, na Illa de Arousa.
As tres persoas que ían a bordo foron evacuadas en bo estado por unha embarcación de Salvamento.O accidente produciuse a uns 300 metros da costa. O veleiro Nergha bateu contra uns cons cando navegaba xa cara ao porto. Arredor das 10 conseguiron levalo ao peirao e hoxe valorarán os danos que sufriu.