CRTVG

Buscar

Rescatado un sendeirista que caeu por un barranco de quince metros en Marbella

Publicado o 09/06/2020 12:47

A Garda Civil rescatou un sendeirista que se precipitou por un barranco de quince metros de altura en Málaga.

O ferido ía na compaña dun amigo cando se produciu o accidente. Cando o equipo de rescate chegou ao lugar, comprobou que tiña unha perna fracturada. Foi trasladado ata o hospital da Costa do Sol, en Marbella.

 

Noticias web

09/06/2020