Rescatado logo de caer co coche ao río en Santa Comba
Publicado o 07/01/2021 21:10
O xeo tamén parece estar detrás do accidente que sufriu un veciño de Santa Comba. Caeu co coche ao río e a corrente arrastrouno máis de 100 metros, ata que uns troncos conseguiron frealo.
O condutor non daba saído do vehículo. A auga chegáballe ao peito. Loitou co frío unha interminable media hora. Entre bombeiros, Protección Civil e veciños puideron rescatalo.