CRTVG

Buscar

Rescatadas tres persoas na ría de Aldán tras afundir a súa embarcación

Publicado o 23/12/2020 14:36

Tres persoas foron rescatadas cando o barco bateu contra unha batea ao regresar ao porto. O pesqueiro comezou a afundirse minutos despois do impacto, pero outra embarcación que estaba preto puido rescatar os tres tripulantes, que nese momento estaban ilesos.

O suceso produciuse arredor das nove e media da mañá fronte a praia de Areacova, no concello pontevedrés de Cangas do Morrazo. Os tres mariñeiros sairan a bordo do Cachería Segundo e viñan do mar. 

Un dos mariñeiros rompeu unha perna durante o traslado dunha embarcación a outra.

Xa no porto, recibiu a primeira asistencia  e logo levárono a un centro hospitalario para que o atenderan da lesión e que lles fixeran aos tres unha revisión médica.

O naufraxio mobilizou un amplo dispositivo de seguridade no porto de Aldán. Participaron axentes da Policía Local de Cangas e da Garda Civil, membros de Protección Civil e unha ambulancia do 061.

 

Noticias web

23/12/2020