Rescatada unha muller de 98 anos tras o incendio da súa vivenda en Sevilla
Publicado o 26/04/2021 13:24

Rescatada na súa casa de Sevilla unha muller de 98 anos logo de declararse un incendio na vivenda do lado. Veciños e axentes tiveron que botar a porta da casa abaixo para poder rescatar a anciá.
O incendio rexistrado nunha vivenda a carón da súa mobilizou os bombeiros e axentes da Policía Local e Nacional da capital andaluza. Investígase a orixe do lume, que non deixou feridos.