CRTVG

Buscar

Rescatada con vida a nena de 7 anos secuestrada en Bos Aires por un home que quedou detido

Publicado o 18/03/2021 13:11
Rescatada con vida a nena de 7 anos secuestrada en Bos Aires por un home que quedou detido

Na Arxentina, a policía localizou con vida á pequena Maia, de 7 anos, secuestrada este luns nun barrio de Bos Aires. O secuestrador, un home de 39 anos con antecedentes pos abuso de menores, quedou detido.

O home levouse á pequena despois de ofrecerse a cambiarlle a bicicleta por unha máis grande e levala ao zoo. O itinerario realizado por ambos durante estes tres días foi rexistrado por varias cámaras de seguridade situadas en distintos puntos da capital arrxentina. 

Preto de mil policías, coa axuda de cans adestrados, dous helicópteros e drons mobilizáronse para dar coa pequena.

Noticias web

18/03/2021