A forte ondaxe obriga a suspender o transporte marítimo na ría de Vigo
Publicado o 22/12/2019 14:09
Entre as oito e media da mañá e ata as doce deste domingo suspendeuse o transporte marítimo de ría entre O Morrazo e Vigo, no peirao xa non estaban nin os barcos. A forte ondaxe percibíase tamén nun lugar habitualmentre tranquilo como Samil que ofrecía esta espectacular e hipnótica imaxe. Algo que non disuadíu a paseantes e deportistas.
Trala néboa intúese a silueta dos barcos que foxen do temporal e aproveitan o fondeadoiro natural das Illas Cíes. A choiva provocou pequenos asolagamentos e o vento arrasou con árbores e mesmo co tellado do colexio Los Sauces que quedou quebrado como ven. O centro escolar está situado no termo municipal de Mos, a carón da Universidade de Vigo.