CRTVG

Buscar

Requisan en Malpica 22 quilos de polbo pequeno e 7 de nécora que non pasaron pola lonxa

Publicado o 14/07/2021 15:43
Requisan en Malpica 22 quilos de polbo pequeno e 7 de nécora que non pasaron pola lonxa


A Garda Civil requisou máis de 22 quilos de polbo e 7 de nécora en Malpica. Era parte da carga dun pesqueiro que non pasou pola lonxa. O polbo era de tamaño inferior á súa comercialización e a nécora estaba viva nunha nasa no interior da embarcación e sen identificación. Enviaron o cefalópodo a unha entidade benéfica e as nécoras devolvéronas ao mar.
 

Noticias web

14/07/2021