CRTVG

Buscar

O número de falecidos diarios en España estabilízase por debaixo de 200

Publicado o 05/05/2020 12:01

Os datos oficiais do Ministerio de Sanidade seguen a amosar unha estabilización da pandemia causada polo coronavirus. Nos últimos días vense mantendo o número de vítimas mortais por debaixo das 200. Os datos deste martes mostran unha lixeira repunta do numero de mortos, 185 fronte aos 164 mortos notificados onte, luns; o domingo pasado e o luns rexístrarose 164 falecidos diarios, a mesma cifra, que é a máis baixa desde o día 10 de marzo.

O total de persoas que morreron vítimas do coronavirus é de 25.461. 

Os contaxios tamén chegaron onte á súa porcentaxe diaria máis baixa, ata quedaren no 0,16 % de media en España, fronte ao 0,39 % do domingo. Pero é que onte non aparacían notificados os datos de Madrid. Hoxe, a porcentaxe de contaxios volve subir ata o 0,40% de media en España. O número de contaxios diarios volve subir coas notificacións atrasadas, e pasa dos 356 de onte aos 867 positivos por PCR notificados hoxe. O domingo foi a primera vez que se notificou unha cifra por debaixo dos mil: 838.

O total de positivos por PCR de que dá conta o Ministerio de Sanidade é de 219.329. Deles 43.956 son persoal sanitario, un 20% do total.

O número total de persoas que xa están curadas é de 123.486; delas, 2.143 foron notificadas onte.

Por comunidades, Cataluña é a que rexitrou onte un maior número de contaxios 424, seguida de Madrid, con 110 positivos por PCR. Ceuta e Melilla non notificaron contaxios: cero positivos por PCR.

En canto ao número de contaxios en total desde que comezou a pandemiaMadrid segue sendo a comunidade que ten un maior número, 62.989. Séguea Cataluña, con 50.771 positivos por PCR. A comunidade con menos positivos é Murcia, con 1.496, 4 deles de onte. Murcia tamén é a comunidade que ten un menor índice de contaxios por cada 100.000 habitantes, 3,41 persoas. A comunidade que ten un maior índice de contaxios por habitantes é Castela e León, 103,27 persoas por cada 100.000 habitantes. A media de España é de 47,24 persoas.

As comunidades que levan rexistrado un maior número de mortos son Madrid, con 8.420, 44 onte, o mesmo que antonte, e Cataluña, con 5.270, 50 onte e 35 deles antonte.