CRTVG

Buscar

Repuntan os positivos e os casos activos, que chegan aos 3.122 (+74)

Publicado o 29/04/2021 10:03

• Só descenden os casos na área sanitaria da Coruña

• A presión nas UCI aumenta ata niveis de finais de marzo

Repuntan os positivos e os casos activos, que chegan aos 3.122 (+74)

O Sergas notifica hoxe unha suba dos casos activos e dos novos positivos, que afianza o lixeiro pero persistente ascenso na curva de casos das últimas semanas. Hai 3.122 persoas diagnosticadas de covid-19, 74 máis ca onte. É a maior cifra dos últimos dez días.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 743 (-7)

Vigo: 934 (+28)

Ourense: 264 (+10)

Santiago: 358 (+11)

Lugo: 219 (+4)

Pontevedra: 499 (+21)

Ferrol: 105 (+7)

Suba nos hospitais

A situación nos hospitais empeora un pouco respecto a onte. Son 211 as persoas ingresadas por mor da covid-19 no país: 164 en planta (+1) e 47 nas UCI (+3). Son os peores datos en coidados intensivos rexistrados dende o 22 de marzo, hai máis dun mes.

A morte dun home de 81 anos eleva a cifra total de vítimas da pandemia no país a 2.386.

Repunta dos casos detectados

Dpos 230 casos novos detectados, 211 foron a través dunha PCR. Onte realizáronse 9.299 (+2.572), a maior cifra dende o 11 de febreiro, deixando unha taxa de positividade do 2,27 %.

 

 

Mapas de incidencia por concellos