CRTVG

Buscar

Repuntan os casos na residencia do Incio: hai 113 positivos

Publicado o 26/08/2020 14:53

Preocupación máxima na residencia de maiores do Incio. Co segundo cribado realizado no centro repuntan os casos. Deron positivo 31 internos máis e 18 traballadores máis. A residencia reforzou o persoal e mantén a separación dos infectados por plantas. No rastrexo de contactos da residencia detectáronse tres casos que xa estaban en corentena. Tamén se fará un cribado entre os veciños. O concello lanza unha mensaxe de tranquilidade.

"Nestes momentos, Sanidade está a facer un traballo intenso dos contactos das persoas que deron positivo para acotar o gromo, tamén fará un cribado dos veciños e artellar as medidas que correspondan", manifesta o alcalde, Héctor Corujo.

En Monforte os establecementos hostaleiros pecharan mentres se someten as probas pcr. Os primeiros os da zona centro. Sanidade fara un cribado masivo entre neste gremio. Adoptábase esta medida ante o incremento de casos na cidade, que xa supera os 80. Con este rastrexo buscan asintomáticos. Moitos dos infectados no gromo local son traballadores do sector.

"Parécenos xenial que se fagan estas probas para garantir a saúde dos traballadores e dos propietarios dos establecementos. Todo o que se faga para atallar o problema está ben", di Gloria Prada, tenenta de alcalde de Monforte.

A hostalería é tamén a grande afectada no gromo de Lugo. Iniciouse neste pub, nunha festa, pero os contaxios salpican xa polo menos outros catro negocios da cidade. O numero de casos supera a vintena. Estes gromos elevan os casos activos na provincia. Hai 441, 89 mási ca onte.

Noticias web

26/08/2020