Repuntan os casos de covid-19 en Italia e Francia
Publicado o 11/03/2021 20:57

Francia ten unha repunta dos casos de coronavirus con 23.000 novos contaxios e case 300 mortos nas últimas 24 horas. Preocupa tamén a saturación dos hospitais, cunha ocupación das UCI que roza o 78 %.
Tamén Italia rexistra un incremento dos infectados. Por este motivo, o Goberno italiano deu marcha atrás co plan de desescalada.
O país cos peores datos de contaxios segue a ser a República Checa, que xa pediu o traslado de pacientes a países da contorna.