CRTVG

Buscar

Repuntan os casos de coronavirus na Barbanza, aínda que segue no nivel de restricións medio-baixo

Publicado o 09/07/2021 15:01


A repunta no número de casos de coronavirus dos últimos na Barbanza afecta os distintos municipios da comarca e, especialmente, a Boiro. Con 33 casos activos, xa tomaron as medidas para que isto non vaia a máis. José Ramón Romero, alcalde de Boiro: "Hai que mandar unha mensaxe de tranquilidade, pero non baixar a garda. Hai que cumprir o protocolo, o control do peche de parques e zonas de aglomeración. Desde Boiro imos cumprilo".

Polas noites, pechan o parque da Cachada, zona habitual de botellón, e reforzan o control policial. O novo gromo preocupa os hostaleiros. David Piñeiro, responsable dun local de hostalería: "Levamos un inverno malísimo e unha primavera mala, apostando todo ao verán... Estamos moi preocupados porque, como siga empeorando, imos ter un serio problema".

Todo apunta a que varios grupos de mozos que participaron en distintas celebracións propagaron este foco, que tamén causa certa a alarma entre veciños e turistas. Nos últimos sete días, no veciño concello da Pobra houbo 13 novos casos diagnosticados e ascenden a 17 no de Ribeira.

Noticias web

09/07/2021