CRTVG

Buscar

Repuntan os casos activos e os novos positivos (+225) en Galicia

Publicado o 06/05/2021 10:10

• É o maior incremento de positivos diarios da última semana

• Baixa o número de persoas ingresadas en planta

 

Repuntan os casos activos e os novos positivos (+225) en Galicia

Hoxe Galicia rexistra un lixeiro aumento de casos activos tras unha importante repunta dos novos positivos detectados, amortecidos polo incremento das altas.

Hai 3.072 persoas con covid-19 en Galicia, once máis ca onte, tras 225 novos casos detectados, 197 a través dunha PCR, segundo datos do Sergas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 702 (+17)

Vigo: 897 (-16)

Ourense: 271 (-8)

Santiago: 395 (+9)

Lugo: 226 (-7)

Pontevedra: 488 (+15)

Ferrol: 93 (+1)

Menos hospitalizados en planta

Situación semellante á de onte. Baixou o número de persoas en planta (149, tres menos ca onte, a cifra máis baixa dende o 11 de abril) e nas UCI segue habendo 48 pacientes ingresados. 

Por desgraza, hai que lamentar o pasamento dunha muller de 93 anos por mor da doenza, segundo informou onte o Sergas. Con ela a cifra de vítimas no país no que vai de pandemia ascende a 2.392 persoas.

Sobe a positividade

Das 6.633 probas PCR realizadas (-1.148), deron positivo 197, o que supón un 2,97 % de taxa de positividade, un incremento destacable na serie recente dos úlltimos dous meses.

Mapas de incidencia por concellos