CRTVG

Buscar

Repuntan os casos activos e soben os ingresos nas UCI

Publicado o 21/04/2021 10:10

• Nunha semana pasamos de 26 pacientes nas UCI a 40

• Só baixan os casos activos nas áreas da Coruña e Ferrol

Repuntan os casos activos e soben os ingresos nas UCI

Malia o lixeiro descenso de onte nos casos activos, a tendencia da curva segue á alza coa repunta desta xornada. Hoxe o Sergas informa de que en Galicia hai 2.811 persoas diagnosticadas de covid-19, 48 máis ca onte, tras 188 novos positivos detectados, 179 a través dunha PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 681 (-8)

Vigo: 760 (+26)

Ourense: 245 (+10)

Santiago: 361 (+6)

Lugo: 207 (+4)

Pontevedra: 452 (+12)

Ferrol: 105 (-2)

As UCI, en niveis de hai case un mes

Continúa a mala evolución nos hospitais galegos. Pouco a pouco o número de persoas hospitalizadas vai incrementándose: hoxe Galicia supera o limiar dos 200 ingresados (202), un dato que deixaramos atrás hai dúas semanas. Deste toal, 162 persoas están en planta (+1).

Seguen aumentando os ingresos nas UCI nos últimos días. En só unha semana pasamos de 26 a 40 persoas hospitalizadas en coidados intensivos (+14), e de onte para hoxe o incremento foi de 3.

A morte dunha anciá de 94 anos eleva a cifra de vítimas a 2.376 no que vai de pandemia

Máis PCR e máis positivos

Segundo o Sergas, realizáronse 7.739 probas PCR, 2.559 máis ca onte, das cales deron positivo 179. Isto deixa unha taxa de positividade do 2,31 %, algo superior á de onte, mais en valores por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS (5 %).

 

Mapas de incidencia por concellos