Repunta o sector metalúrxico que espera acabar o ano con 70.000 empregos
Boas expectativas para o sector metalúrxico galego que espera acabar o ano con 70.000 empregos. O 2018 foi o ano da recuperación con cifras similares as do inicio da crise. Creceu o emprego, a facturación e a creación de novas empresas. Desde o sector sinalan o brexit e o custo enerxético como as principais ameazas.
Galicia non só recupera a súa posición tras a crise, senón que lidera o polo ibérico do sector metalúrxico. O 2018 foi o ano da recuperación desta industria que superou os máis de trece mil catrocentos millóns de euros de facturación.
Desde a asociación de industriais metalúrxicos de Galicia sinalan o brexit e o custo enerxético como as principais ameazas para o sector.
Por sectores, destaca o naval, con case un trece por cento máis de traballadores e unha facturación de 1.300 millóns de euros, que se espera superar durante este ano cos quince novos contratos e as 27 unidades en carteira nos estaleiros. Na automoción, o emprego crece nun dez por cento e lidera as exportacións metalúrxicas de toda a comunidade.