Repuntan os contaxios entre a mocidade da Estrada
No concello pontevedrés da Estrada preocupa o incremento de contaxios da última semana. Xa son 19 os casos activos e a orixe está nas festas e nas reunións sociais.
Era un concello prácticamente libre de covid, pero nunha semana volveron saltar as alarmas na Estrada. Xa son 19 os contaxiados e case todos teñen menos de 30 anos.
Os botellóns que seguiron as festas patronais de San Paio, comidas familiares e unha despedida de solteiro celebrada en Portugal están detrás da escalada de positivos. Malia que a situación podería quedar controlada en pouco tempo, desde o concello piden extremar a cautela.
Nas rúas os veciños tamén piden prudencia e invitan a reflexionar sobre as leccións aprendidas no último ano. Agardan que, coa responsabilidade de todos, esta repunta quede nun susto e non se chegue a ter que endurecer restricións neste concello turísitico e comercial do centro de Galicia.