Repunta da covid en Santiago, con case 40 casos novos nunha semana
Os datos publicados polo Sergas constatan unha repunta da covid en Santiago.
"Eu teño moita preocupación", explica un veciño.
Nos últimos 14 días a capital galega rexistrou 62 contaxios novos, dos que 38 se concentran só na última semana.
"A xente está desexosa de saír, de facer unha vida normal, e pode ser que iso axude a que aumenten os contaxios", relexiona outro home.
As cifras de contaxios na cidade aínda non acadan os niveis que implicarían un endurecemento das restricións. E é que a comparativa coa situación de hai un mes, cunha taxa de contaxios 13 puntos inferior á actual, confirma un cambio que non é bo, e lembra a necesidade de manter o respecto ante o virus.
A incidencia a 14 días en Santiago sitúase en 64 casos por cen mil, 5 puntos máis que no balance anterior.