CRTVG

Buscar

Repsol aplicará un ERTE na refinería da Coruña por causas produtivas

Publicado o 08/04/2021 15:41
Repsol aplicará un ERTE na refinería da Coruña por causas produtivas

Repsol presenta un ERTE para a refinería da Coruña por causas produtivas. Afectará un 31% do cadro de persoal da planta, un máximo de 212 traballadores, durante seis meses. Desde a dirección da compañía din que a pandemia provocou a maior caída da demanda de hidrocarburos da historia, unha circunstancia que vén unirse á incertezaz xerada polo proceso de transición enerxética.

Con todo, Repsol mantén os investimentos previstos na refinería da Coruña, pero pide un marco normativo axeitado que garanta o futuro da industria en España.

Noticias web

08/04/2021