Representantes empresariais piden que se paralice a reforma do regulamento de Costas
A posible reforma do regulamento de Costas preocupa os empresarios. Aseguran que a inseguridade xurídica está a paralizar investimentos nas empresas afectadas. Pídenlle ao Goberno que paralice o proceso, e que analice as consecuencias.
A advertencia por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica ás empresas instaladas a beira do mar sobre os cambios nas prórrogas das concesións mantén preocupados aos empresarios. Consideran que se trata dunha modificación inxustificada que xera inseguridade xurídica que está a paralizar inversións.
Os representantes dos empresarios trasladaron ao goberno central que paralice a modificación e analice as súas consecuencias para as empresas afectadas. Piden que teñan en conta a realidade de Galicia onde as industrias vinculadas ao mar xogan un papel tan importante a nivel socioeconómico.