Notifícanse dez novos falecementos en Galicia por causa da covid-19

O Servizo Galego de Saúde acaba de notificar dez novos falecementos de pacientes diagnosticados con coronavirus. Dende o comezo da pandemia, son xa 1.659 as persoas que perderon a vida na nosa comunidade autónoma polo virus.
Os decesos de hoxe son os dunha muller de 88 anos no CHUVI, un home de 88 anos no CHUAC, unha muller de 80 anos no CHUAC, un home de 72 anos no CHUF, un home de 93 anos no CHUO, un varón de 85 anos no mesmo hospital e un home de 69 anos no CHUF.
En centros sociosanitarios faleceron unha muller de 84 anos na residencia DomusVi de Carballo, unha muller de 79 anos na Residencia San José de Arzúa e unha muller de 84 anos na Residencia Integrada CEGADI procedente da Residencia DomusVi de Ribeira.
Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas.