CRTVG

Buscar

Repasamos a nova normativa de mobilidade

Publicado o 23/02/2021 15:22

-CONCELLOS CON INCIDENCIA MENOR DE 250

Como norma xeral, os galegos poderemos movernos a partir do venres a concellos cun nivel de incidencia similar.

O grupo máis amplo e a condición máis favorable é para os municipios que teñen a incidencia por baixo de 250: os amarelos. Son, todos, das catro áreas que teñen menor presión hospitalaria: Santiago, Vigo, Lugo ou Ourense, que serán permeables entre si. Nesles ábrese hostalaría, tamén en interior ao 30%.

-CONCELLOS CON INCIDENCIA ENTRE 250 E 500

O segundo nivel, o laranxa, é para incidencias intermedias, superiores a 250 pero menores de 500.

Permítense terrazas ao 50% e tamén é posible a mobilidade entre municipios de igual incidencia. Pero, ollo!: pola presión nas UCI, márcanse como mínimo en laranxa todos os concellos das áreas da Coruña, Ferrol e Pontevedra. E os cidadáns que vivan en concellos laranxas destas áreas poden desprazarse a outros laranxas, pero teñen prohibido terminantemente desprazarse fora da súa área sanitaria.

"Tomouse esa decisión, para ver de permitir unha certa relaxación en xente que leva moito tempo sen poder saír do seu concello ou ten unha segunda vivenda e leva tempo sen poder acudir a ela", explica o conselleiro de Sanidade

-CONCELLOS CON INCIDENCIA MAIOR DE 500

En último lugar están os concellos en vermello, con máis de 500 de incidencia, que seguen con perímetros individuais. Son 17.

Os concellos, con cadansúa cor e normativa, que entra en vigor o venres, coñecerémolos mañá de xeito definitivo.

Noticias web

23/02/2021