CRTVG

Buscar

Repartimento de puntos entre Poio e Burela no derbi galego da liga feminina de fútbol sala

Publicado o 25/09/2021 21:32

Na liga feminina de fútbol sala, viviuse esta tarde o primeiro derbi da temporada. Enfrontáronse o Poio Pescamar e o Pescados Rubén Burela.

Empate a un foi o resultado final. Adiantouse o Poio, no primeiro tempo, nunha acción de Ana Rivera que culmina Dani Sousa. O actual campión de liga e copa logrou o empate no ecuador do segundo tempo.

Marcou Emily o definitivo empate ao culminar unha xogada de estratexia.

Noticias web

25/09/2021