CRTVG

Buscar

Dimite o Consello do Deportivo: "En Abanca sinaláronnos a porta de saída"

Publicado o 08/02/2021 18:40

Seis do sete conselleiros do Deportivo, entre eles o presidente Fernando Vidal, puxeron o seu cargo a disposición do máximo accionista do club, a entidade financeira Abanca, que llelo pediu a semana pasada. 

O dirixente Fernando Vidal compareceu na Cidade Deportiva de Abegondo xunto aos conselleiros Manuel Vázquez, José Luís Queijeiro, Ricardo González, Toño Armenteros e Eduardo Poncet e en nome de Argimiro Vázquez, que está en Madrid. 

O único que non presentou a dimisión é David Villasuso, empregado de Abanca ata que foi nomeado hai uns meses director xeneral do club. 

Vidal explicou que a semana pasada o máximo accionista lle trasladou o seu desexo de que o Consello de Administración dese "un paso a un lado" para que a entidade financeira Abanca poida "formar un Consello profesional".

Estas son algunhas das frases máis destacadas da conferencia de prensa de Fernando Vidal: 

"Envío unha mensaxe a Abanca: acatamos a decisión, pero gustaríanos que as formas fosen outras. Esta é unha empresa de sentimentos, é un modo de vida, é como unha relixión".

"Cando perdemos co Celta B, o Consello, a propiedade e a dirección deportiva crían que o mellor era o cesamento de Fernando Vázquez e eu puxen o meu cargo a disposición para que non fose cesado".

"Non teño nin a menor idea do que significa profesionalizar o club nin de quen será o novo presidente".

"Sinto o que está a pasar con Barral. El non é culpable, porque culpable é quen o fai a mala fe".

Noticias web

08/02/2021