Renovado: Juanfran seguirá sendo o adestrador do Lugo a vindeira temporada
Publicado o 29/07/2020 22:12
O club traballa xa co técnico na planificación da campaña
E no Lugo temos noticia de última hora. O club albivermello confirma a continuidade de Juanfran como adestrador do equipo.
Tras conseguir a permanencia nun final de liga espectacular, acadando 14 puntos nos seis partidos que dirixiu, Juanfran renova por unha temporada con outra opcional. O club traballa xa co técnico na planificación da próxima temporada.