CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Renovación museográfica da sala de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo

Publicado o 02/08/2018 15:30

A sala de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo estrea imaxe. O espazo exhibe a colección de ourivería en ouro máis importante do norte peninsular, en que destaca o torque prerromano máis grande achado na península, o torque de Burela. A principal renovación foi adaptar a sala á accesibilidade universal.

Son 56 pezas datadas entre o terceiro milenio antes de Cristo ata o século Sexto. A súa antigüidade fai desta unha colección única e nela exhíbense pezas tan senlleiras coma o torque de Burela, o máis grande achado na península. A súa presenza presidindo a sala capta a ollada do visitante nada máis atravesar a entrada.

Tamén se pode ver o carneiro alado, unha peza de orixe descoñecida, brazaletes antigos de ouro fundido ou varios torques. Unha colección cedida no 1974 ao museo por Álvaro Gil, a que máis interese esperta entre os visitantes e agora accesible a todo o público.

Sen dubida un dos grandes tesouros que exhibe o Museo Provincial de Lugo.