CRTVG

Buscar

Renfe reforza o seu servizo de trens en Galicia con vistas ao curso escolar

Publicado o 02/09/2021 21:41

Renfe vai reforzar o seu servizo de trens de media distancia en Galicia con vistas ao curso escolar. A fin de responder ás necesidades dos estudantes durante o curso, Renfe anuncia que aumentará o número de prazas nos trens que comunican o Corredor Atlántico. 

Na actualidade hai 32 trens diarios que comunican A Coruña e Vigo en ambos os sentidos, e agora Renfe reforzará o servizo con case 3.000 prazas adicionais. O aumento no número de prazas notarase sobre todo durante as fins de semana.

Noticias web

02/09/2021