CRTVG

Buscar

Renfe avanza os tempos de percorrido do AVE a Galicia a partir de decembro

Publicado o 12/10/2021 15:25

Segundo avanza Renfe, desde a estación do AVE en Ourense ata Madrid a viaxe vai durar 2 horas e 15 minutos. É a metade do que leva este traxecto en coche. Ir no vehículo particular supera as catro horas e media.

O de Ourense-Madrid é o traxecto con menor duración. Desde Santiago o AVE vai levar a Madrid tres horas e 20 minutos. E desde A Coruña, 3 horas e cincuenta minutos. Máis tempo levará desde Vigo, superará as 4 horas e cuarto, e desde Lugo, que será de 4 horas e 16 minutos.

Renfe di que se aforrarán outros 20 minutos no verán de 2022 coa entrada en servizo dos trens da serie 106 de Talgo.

Noticias web

12/10/2021