CRTVG

Buscar

Renault fabricará en España cinco modelos híbridos

Publicado o 23/03/2021 15:44

Renault vai fabricar cinco novos modelos de vehículos híbridos en España. Anunciouno o director xeral do grupo durante unha visita do Rei e o presidente do Goberno á fábrica da compañía en Palencia.

Tres dos novos modelos vanse fabricar nesta factoría e outros dous en Valladolid. Renault anuncia que o seu plan industrial vai supor a creación de mil empregos indefinidos, e asegura a actividade nas súas plantas ata 2030. O valor estimado destes investimentos en España é de 12.000 millóns de euros.

Noticias web

23/03/2021