CRTVG

Buscar

Renato Tapia: "Non é o momento de falar diso, pero gustaríame ir a Europa co Celta"

Publicado o 18/02/2021 18:19

O xogador Renato Tapia, de nacionalidade peruana, elixido mellor xogador do mes de xaneiro polos afeccionados do Celta de Vigo, considera que alcanzou no equipo un nivel que "poucos coñecían" e iso, ao seu xuízo, foi determinante para a súa "continuidade". Tapia sinalou que pode "dar moitísimo máis" e para iso "estou a traballar", apuntou o futbolista que xoga de mediocentro que soña con disputar unha competición europea co Celta, aínda que de momento prefire non pensar niso.

"Son unha persoa moi competitiva. Nunca me gusta perder, e iso fai que poida sacar forzas de onde moitos pensan que non teño e poder saír vitorioso de cada duelo", chanceou Tapia, que de pequeno tiña como referentes os ingleses Steven Gerrard ou Frank Lampard.

Mostrou a súa admiración polo dianteiro neerlandés Robin Van Persie, co que compartiu vestiario no Feyenoord, porque "tiña fame de seguir gañando e seguir adestrándome coma se tivese 20 anos, e iso marcoume moito", unha ambición que agora dixo atopar no seu compañeiro Iago Aspas.





 

Noticias web

18/02/2021