CRTVG

Buscar

O céltico Renato Tapia espera poder xogar os tres partidos coa súa selección

Publicado o 05/10/2021 13:14

• Perú xogará tres partidos nunha semana: Chile, Bolivia e Arxentina

O céltico Renato Tapia viaxou ao Perú con problemas físicos e está á espera do que diga o médico da selección.

Tapia leva varios meses sen descanso e o seu desexo de xogar contra Chile é o motivo da viaxe. Marchou tras actuar en Elxe e cun corpo desgastado polas esixencias do calendario, polos compromisos co Celta e coa selección, que está na pelexa pola clasificación para o mundial. Nunha semana, Perú xogará tres partidos: Chile, Bolivia e Arxentina.

Noticias web

05/10/2021